IniciosociedadeA Mariña, epicentro dun dos catro terremotos rexistrados en Galicia en 24...

A Mariña, epicentro dun dos catro terremotos rexistrados en Galicia en 24 horas

O centro foi en Barreiros e chegou a 2,8 de magnitude.

Publicada o

- Advertisement -

Galicia rexistrou entre a tarde do mércores e a mañá do xoves catro sismos de pequena magnitude que foron detectados polos medidores do Instituto Xeográfico Nacional nun intervalo dunhas 18 horas.

O último deles tivo como epicentro o municipio lugués de Barreiros, onde se produciu un tremor de magnitude 2,8 ás 13,30 horas do pasado xoves 13 de maio. Horas antes, os medidores do IGN captaran un terremoto na Veiga (Ourense) e outro en Laza (Ourense) espaciados por dúas horas durante a madrugada do mércores ao xoves.

O primeiro foi minutos despois das 04,00 horas da madrugada e o segundo ás 06,45 horas. Deles, o máis forte foi o tremor de Laza, con 2,8 na escala Richter, mentres que o da Veiga quedou en 2,0.

Todos estes episodios foron precedidos polo sismo captado en Silleda (Pontevedra) na tarde do mércores. O primeiro tamén foi o máis suave, con apenas 1,8 de magnitude.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...