IniciosociedadeMáis de 1.300 persoas de entre 50 e 59 anos serán vacinadas...

Máis de 1.300 persoas de entre 50 e 59 anos serán vacinadas ata o xoves na Mariña

Case oitenta mil persoas recibiron xa as dúas doses pautadas da vacina contra a Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Publicada o

- Advertisement -

Case oitenta mil persoas recibiron xa as dúas doses pautadas da vacina contra a Covid-19 na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, onde esta semana serán inmunizadas, segundo datos facilitados polo Sergas, unhas 12.000 máis.

En concreto, segundo datos facilitados polo Sergas á Cope, na área sanitaria forneceron a día 18 de maio un total de 221.397 doses da vacina contra o Covid-19 na provincia de Lugo. Ademais, neste momento, son 77.783 persoas as que recibiron a pauta completa de inmunización fronte ao coronavirus.

En canto á actividade prevista para esta semana, este martes recibían a primeira dose 5.100 persoas con idades comprendidas entre 50 e 59 anos de idade. Entre este mércores  e o xoves, recibirán a segunda dose pautada 6.696 persoas na área sanitaria con idades comprendidas entre 70 e 79 anos -4.258 no HULA, 1.317 no Hospital da Mariña, e 1.121 no de Monforte-. O venres, día 21 de maio, recibirán a dose correspondente 1.100 persoas pendentes de entre 60 e 69 anos de idade. No HULA, o sábado -22 de maio-, serán inmunizadas 4.000 persoas con idades comprendidas entre 50 e 59 anos.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...