O Sergas dá por “controlado” o foco laboral de covid detectado en Viveiro e Cervo

Hai outro gromo en Vilalba que afecta a 22 persoas.

Probas PCR . EFE/ELISEO TRIGO

O servizo galego de saúde (Sergas) informou de que mantén a vixilancia sobre un brote de covid-19 detectado nun “foco laboral” en Viveiro e Cervo.

En declaracións a EFE, o xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, confirmou que están controladas a día de hoxe “as cadeas de trasmisión deste brote laboral”, onde seguiron aparecendo casos a semana pasada.

Por outra banda, destacou a gravidade do foco que xa afecta a 22 persoas na localidade lucense de Vilalba, despois de que o número de casos activos non deixase de aumentar na última semana, até o punto de que a incidencia, a día de hoxe, xa é de 120 casos por cada 100.000 habitantes. Ares aclarou que, en todo caso, non se trata dun brote “explosivo”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here