IniciosociedadeEnfado e temor na hostalaría da Mariña ante as restricións impostas pola...

Enfado e temor na hostalaría da Mariña ante as restricións impostas pola Xunta

Os hostaleiros de Viveiro anuncian novas mobilizacións e os de Ribadeo apelan á "responsabilidade dos clientes" para manter a situación epidemiolóxica controlada.

Publicada o

- Advertisement -

Os hotesteleiros da Mariña seguen moi enfadados coa decisión do Comité Clínico da Xunta de manter restricións altas en Viveiro e medias en Xove. Consideran que esta situación prexudica ao sector e, por iso, anuncian mobilizacións.

Concretamente, os hosteleiros de Viveiro realizarán novas accións. Este xoves sacarán o mobiliario de mesas e cadeiras dos interiores dos seus negocios e os porán apillados na rúa xunto ao cartel “Véndese ou se traspasa mobiliario por falta de uso”. A acción estenderase durante todo do día en sinal de protesta polo que consideran “inxustas restricións ás que se está vendo sometida a hostalaría”.

RIBADEO

Pola súa banda, a Asociación de Comerciantes de Ribadeo (Acisa) fai unha chamada á prudencia e á cautela ante o aumento de casos de covid que se está rexistrando nos últimos días en Ribadeo. O seu presidente, Francisco Iriarte, destaca que están preocupados porque non haxa unha repunta “que nos leve de novo a limitacións na capacidade de traballo”.

“Por iso insistimos en pedir a máxima responsabilidade á cidadanía. Os hostaleiros non son policías e estáselles pondo en situacións comprometidas. Así nolo están trasladando, está a verse un exceso de relaxación na cidadanía, que quizais sexa excesivo. Queremos ser claros: a responsabilidade é de todos, hostaleiros, comerciantes… pero especialmente agora, é dos clientes”, suliña e lembra aque o 99 % dos locais cumpren coas normas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...