IniciosociedadeMáis de 5.500 persoas de entre 40 e 59 anos foron chamadas...

Máis de 5.500 persoas de entre 40 e 59 anos foron chamadas para vacinarse na Mariña esta semana

O mércores recibirán a primeira dose 4.450 persoas de entre 40 e 49 anos en toda a provincia.

Publicada o

- Advertisement -

Sergas vacinará contra a Covid-19 a 13.350 persoas menores de cincuenta anos nos tres hospitais públicos da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. En total, para esta semana, foron citadas 23.092 persoas para recibir a vacina, aínda que o luns recibiron as doses correspondentes máis de 3.500 persoas de 50 a 59 anos que non acudiran a vacinarse cando foron citadas por primeira vez e tamén este martes a campaña está dedicada a esa franxa de idade, con 4.274 persoas citadas.

En total, das máis de 23.000 persoas citadas para recibir a vacina esta semana en Lugo, 14.438 persoas serán inmunizadas no HULA, outras 5.550 na Mariña e 3.104 en Monforte.

MENORES DE 50 ANOS

En canto ao grupo de idade de 40 a 49 anos, o mércores recibirán a primeira dose 4.450 persoas e exactamente o mesmo número foi citado para xoves e venres desta semana. O sábado os hospitais de Lugo estarán dedicados á aplicación de segundas doses de AstraZeneca e foron citadas 1.918 persoas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...