O lecer nocturno seguirá aberto nos concellos con restricións, pero será necesario PCR ou vacinación para entrar

Os clientes deberán presentar resultados negativos ou o certificado de estar vacinados.

Unha muller fuma na terraza dun bar. EFE/ CABALAR

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que Galicia manterá aberto o lecer nocturno, pero agora obrigará a realizar test PCR, que será gratis nos covid-auto, ás persoas que queiran a acudir a algún local das cidades con nivel alto de restricións. O test será 48 horas antes.

Tanmén o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu nesta medida en rolda de prensa tras a reunión do Comité Clínico deste pasado martes, na que insistiu na aposta da Xunta polo “lecer nocturno controlado e seguro”.

Por iso, o comité clínico decidiu que o lecer nocturno “siga aberto” nos municipios con nivel medio –na actualidade dez en Galicia–, pero dunha maneira “controlado e seguro”. Toda a información no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here