InicioOrientalA PontenovaAumentan os casos covid en Foz, Barreiros e Viveiro e mantéñense noutros...

Aumentan os casos covid en Foz, Barreiros e Viveiro e mantéñense noutros seis concellos da Mariña

Hai un hospitalizado na Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

Barreiros, Viveiro e Foz son os novos concellos da Mariña nos que aumenta a incidencia da Covid  no acumulado da última semana. En Viveiro son 14 os casos os que hai activos e en Foz 11, mentres que Barreiros ten entre 1 e 9 logo de semanas sen ningún casos, segundo os datos facilitados polo Sergas.

Tanén se manteñen con casos na última semana os concellos de Ribadeo, Riotorto, Mondoñedo, Cervo,  Xove e Lourenzá nos que se rexistraron entre un 1 e 9 casos nos acumulados da última semana. Nestes concellos a situación varía entre os 10 casos e os 125 por 100.000 habitantes. Por outra banda, hai un hospitalizado por covid na Mariña.

CASOS EN GALICIA E EN LUGO

Os novos contaxios de Covid-19 repuntan en Galicia ata os 766, a maior cifra desde o inicio deste verán, 24 máis que a xornada pasada, mentres que a taxa de positividade descendeu a un 8,6%. Os casos activos aumentan a 6.298 e os pacientes hospitalizados por este coronavirus increméntanse a 67, catro máis, dos cales dez permanecen en UCI.

Segundo os datos publicados este mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, recollidos por Europa Press, na área de Lugo mantense un ingresado pola Covid en UCI e redúcense a dous os doutras unidades –tres menos–.

MÁIS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia ascendente durante 21 días consecutivos e sitúanse en 6.298 en Galicia, que implican 614 máis que a xornada pasada, ao haber de novo máis contaxios (766) que altas (152).

Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan nas sete de novo, aumentando 43 na de Lugo que suma xa  539.

MÁIS DE 700 CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 en Galicia por segunda xornada consecutiva superan os 700 e alcanzan os 766, que implican 24 máis que os 742 da xornada anterior tras arrincar esta semana con 630.

En toda Galicia foron confirmados 780 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados por Sanidade, deles, 59 novos casos en Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...