IniciosociedadeVolven as limitacións ás terrazas tras o aumento de casos

Volven as limitacións ás terrazas tras o aumento de casos

A Xunta fala xa dun "paso atrás".

Publicada o

- Advertisement -

Galicia dá “un paso atrás” na desescalada e os grupos nas terrazas da hostalaría volverán estar limitada a dez persoas nas terrazas, unha obrigación para este tipo de establecementos pero que tamén é unha “recomendación” no ámbito privado.

Ademais, todas as persoas que accedan aos locais de lecer nocturno –independentemente do nivel do seu concello– terán que presentar unha proba PCR negativa ou un certificado de vacinación, pero esta medida, como precisou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, non será obrigatoria ata o vindeiro martes, polo que este fin de semana só se pedirá nos concellos cun nivel de incidencia medio (e non medio baixo).

Este novo paquete de medidas que o propio conselleiro de Sanidade referiu como “un paso atrás” na xestión da pandemia chega despois de que o presidente da Xunta apuntara á implatanción de máis límites ás reunións en hostalaría ante o aumento de contaxios que vén rexistrando a comunidade galega. Con todo, Feijóo sosteu na xornada do pasado martes que as restricións terían lugar “nas próximas semanas”.  Toda a información no Galicia confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...