IniciosociedadeSoben os casos covid en Ribadeo, Foz, Burela e Viveiro e só...

Soben os casos covid en Ribadeo, Foz, Burela e Viveiro e só Trabada está sen contaxios

O Vicedo e O Valadouro tamén suman algún contaxio na última semana.

Publicada o

- Advertisement -

Os casos de Covid non paran de medrar na Mariña. O Valadouro e O Vicedo súmanse a unha longa lista da que só se libra o concello de Trabada, que segue sen casos na última semana. No resto dos concellos hai entre 1 e 9 casos, agás nos de Ribadeo, Foz, Burela e Viveiro que aumentaron.

Así, Viveiro e Foz son os concellos con máis casos, 29 e 28 respectivamente, no acumulado da última semana. En Ribadeo son 15 os contaxiados e en Burela once. No resto de concellos; Alfoz, A Pontenova, OurolBarreiros, Riotorto, Mondoñedo, Cervo,  Xove, O Valadouro, O Vicedo e Lourenzá rexistran entre un 1 e 9 casos variando a incidencia entre os 150 e 250 contaxiados por 100.000 habitantes e entre os 25 e 75.

CONTAXIOS EN LUGO E GALICIA

Os contaxios de Covid-19 seguen disparados por encima do milleiro por segunda xornada consecutiva en Galicia ao repuntar a 1.342, que implican 245 máis que o día anterior e máis do dobre que hai unha semana, mentres que os pacientes ingresados por este coronavirus aumentan a 96, ao sumar 17 máis, e os casos activos ascenden a 8.319. Pola súa banda, a taxa de positividade sobe ao 10%.

No que respecta á presión hospitalaria concretamente na provincia de Lugo, a área sanitaria deixa de ter ingresados en críticos –a xornada anterior contaba con dous– pero conta con oito noutras unidades –cinco máis–. Suma, ademais, 69 casos activos ata colocarse cun total de 700 infeccións rexistradas a día de hoxe na área lucense.

En toda Galicia foron confirmados 1.253 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), segundo os datos actualizados por Sanidade, 171 máis que a xornada pasada, dos cales 269 corresponden á área de Vigo; 263, á de Pontevedra e O Salnés; 207, á de Ourense; 184, á da Coruña e Cee; 178, á de Santiago e Barbanza; 100, á de Lugo; e 52, á de Ferrol.

En canto á taxa de positividade das PCR en Galicia, esta aumentou lixeiramente a un 10% tras situarse nun 9% o día anterior, descender a un 8,6% o mércores despois de dispararse a un 13,2 por cento o martes e comezar a semana nun 8%. Así, segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia, ata a semana pasada, non superaba desde o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...