A Xunta de Galicia limitará desde este sábado as reunións a seis persoas no interior e a 10 no exterior, ou dúas unidades de conviventes en ambos os casos, debido á situación epidemiolóxica pola Covid-19.
Así o anunciou este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa para informar as medidas adoptadas polo comité clínico, na que destacou, así mesmo, que os non conviventes non poderán reunirse entre a 1,00 e as 6,00 horas nos municipios con nivel máximo e alto de restricións.
Pola súa banda, nos concellos en nivel medio e baixo, onde segue aberto o lecer nocturno, as reunións de non conviventes estarán prohibidas entre as 3,00 e as 6,00 horas. O mandatario autonómico explicou, así mesmo, que a Xunta pedirá autorización ao TSXG para adoptar estas restricións a partir deste sábado, 24 de xullo. Toda a información no Galicia Confidencial.