Máis de cen persoas reclaman en Barreiros que suplan a pediatra e o médico de familia

A plataforma rexistrou no centro de saúde máis dun centenar de reclamacións en dúas horas

A plataforma, recollendo reclamacións no centro de saúde de Barreiros. AXM

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, que estivo no centro de saúde de Barreiros o pasado martes, que rexistrou “máis de cen reclamacións en dúas horas” contra a ausencia de pediatra no ambulatorio.

O colectivo reclama a substitución da pediatra, que se atopa de vacacións, “de forma estable e completa“, sexa por días libres, baixa ou permiso.

A plataforma sanitaria tamén reclama ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que supla ao médico de familia que está de baixa “desde hai máis dun ano”.

POBOACIÓN DE 3.000 HABITANTES

O centro de saúde barreirense contaba este martes “cunha soa facultativa das tres titulares para atender a unha poboación duns 3.000 habitantes“, asegura a agrupación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here