O Goberno acondiciona O Cantiño e anuncia obras nas costas de San Cibrao e Morás

O Executivo investirá máis de 500.000 euros na reparación da contorna da praia burelesa, na derruba da cetárea sancibrense e na supresión do tráfico rodado no portiño xovense

Visita ás obras no Cantiño. AXM

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou este venres tres obras de mellora na costa da Mariña Lucense, nos municipios de Burela, Cervo e Xove, e que ascenderán a máis de 500.000 euros.

O Executivo central está a acometer a primeira das actuacións no Cantiño, á altura do Castro. A Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar instalará novas varandas e reparará zonas do espigón e o paseo marítimo danadas polos temporais de 2018.

Esta é unha das actuacións incluídas no plan de conservación de mantemento no litoral da costa de Lugo.

CETÁREA

Outra das actuacións, que comezará nos vindeiros días, será a demolición da parte superior da cetárea de San Cibrao. O orzamento deste proxecto alcanza os 31.807 euros.

PORTIÑO DE MORÁS

Rodríguez explicou tamén que o Ministerio para a Transición Ecolóxica encargou as obras de supresión do tráfico rodado e acondicionamento da contorna do portiño de Morás.

O custo deste proxecto será de 360.544 euros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here