Falece un home que fora diagnosticado con COVID

Padecía patoloxías previas.

Hospital da Costa. AXM

A Consellería de Sanidade comunicou este xoves un novo falecido con coronavirus. Desde o comezo da pandemia, o total de vítimas elévase en Galicia a 2.649.

Segundo informa o Goberno galego, a defunción, dun home de 84 anos, produciuse no Hospital Público da Mariña. Contaba con patoloxías previas.

Os dous óbitos previos comunicados pola Xunta datan do 16 e 17 de outubro, dúas mulleres falecidas no Chuvi de Vigo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here