O Movemento do Comercio Xusto continúa en Burela concenciando sobre as relacións comerciais equitativas

Ademais, o día 19 ás 20:00 representarase a obra teatral “¡Vaya Tela!” na Casa da Cultura. A entrada ao espectáculo, recomendado para un público a partir de 12 anos, será de balde ata completar aforo.


O comercio xusto chega unha vez máis a Burela da man de Solidariedade Internacional de Galicia coa fin de seguir espallando a súa mensaxe: promover unhas relacións comerciais máis xustas entre países respectando os dereitos humanos.

No marco da campaña Aquí e Acolá O Xusto, xa se realizou en Burela a feira Comercio Con Sentido de produtos de comercio xusto na Praza da Mariña o 22 de outubro. Ademais, o día 19 ás 20:00 representarase a obra teatral “¡Vaya Tela!” na Casa da Cultura. A entrada ao espectáculo, recomendado para un público a partir de 12 anos, será de balde ata completar aforo.

A representación teatral “¡Vaya Tela!” da compañía Xucrut Teatre pretende achegar aos/as espectadoras a realidade que existe detrás do consumo de roupa a través do humor e a invitación á reflexión.

A campaña Aquí e Acolá O Xusto, financiada pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación, nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here