IniciosociedadeA Xunta remata as obras "de urxencia" no Ceip Virxe do Carme

A Xunta remata as obras “de urxencia” no Ceip Virxe do Carme

O Goberno galego prevé licitar o proxecto de reforma integral nun prazo de tres meses

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anunciou que completou as “actuacións de urxencia” previstas para atallar o deterioro do Ceip Virxe do Carme de Burela, cuxa comunidade padece humidadesfiltracións de auga e dun mobiliario desfeito pola couza, entre outros problemas.

Por un lado, realizouse a substitución de canlóns e baixantes, para o que se debeu agardar á ausencia de precipitacións.

De xeito paralelo, o Executivo autonómico contratou a unha empresa especialista no tratamento con fibrocemento para rematar varias columnas deste material. En calquera caso, estes traballos están limitados aos puntos imprescindibles, polo paso das novas baixantes.

Segundo informou o Goberno galego, a obra de ampliación integral prevé actuar sobre a totalidade das columnas e mellorar por completo a fachada, coa colocación dun illamento térmico exterior (sistema SATE) empregado como revestimento.

MOBILIARIO E DESINFECCIÓN

Por outra banda, de común acordo coa empresa contratada polo Concello, programouse unha limpeza xeral das instalacións e mobiliario afectado pola couza.

Neste momento, segundo explica a Xunta, o novo mobiliario xa está no centro. A dirección está a facer unha selección para determinar cales dos antigos mobles precisan ser substituídos.

Despois está previsto acometer unha nova limpeza integral, a cargo da empresa contratada polo Concello, que empregará un produto desinfectante, con carácter preventivo.

Un insecto predador da couza, a scleroderma doméstica, apareceu no centro nos últimos meses e picou a varios profesores.

A REFORMA, EN REDACCIÓN

O proxecto técnico de reforma integral dos tres edificios do centro está en redacción, segundo explican fontes da Xunta.

O procedemento empregado para tramitar a obra será o de urxencia, polo que o Goberno galego prevé licitalo “en tres meses“, para que a adxudicación da obra estea lista en xuño.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...