IniciosociedadeA Pontenova premia "o compromiso coa saúde" de Ramón Castro, Fillo Adoptivo

A Pontenova premia “o compromiso coa saúde” de Ramón Castro, Fillo Adoptivo

O médico, que chegou ao municipio no 1995, recibiu a homenaxe da comunidade pontenovesa

Publicada o

- Advertisement -

O Concello da Pontenova nomeou este xoves Fillo Adoptivo do municipio ao médico afincado nesta vila, Ramón Castro.

Castro (Arzúa, 1953) licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago no 1979. Ao longo da súa traxectoria profesional desenvolveu o seu traballo nos concellos de Monforte de Lemos, Guntín, Paradela, Monterroso e Triacastela.

Chegou á Pontenova para exercer como médico no 1995. É un gran afeccionado á caza e a pesca, e gañou o campionato provincial desta actividade.

ACTO

O alcalde da Pontenova, Darío Campos, presidiu o acto acompañado de toda a corporación municipal, así como da subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e numerosos veciños.

Campos destacou o “traballo, esforzo e dedicación” do homenaxeado, pero sobre todo “o seu compromiso coa saúde de todos os seus veciños. E este acto tamén ten que servir para espertar conciencias e dignificar esta profesión”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...