APAGA desenvolverá actividades ERASMUS+ por países da UE levando o nome de Ribadeo por Europa

A Unión Europea concedeulle a Apaga a acreditación Erasmus+ no ámbito da Formación Profesional para o período comprendido entre 2021 e 2027: “esa acreditación permítelle á nosa asociación dispor dos fondos económicos necesarios para realizar as mobilidades de alumnado e profesorado”.


Un total de 380 profesores e 134 alumnos e alumnas realizaron formación en países da Unión Europea, grazas ao programa Erasmus + no que participa a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, con sede en Ribadeo, desde o ano 2014. Desde entón foron 12 os proxectos desenvolvidos.

Para Álvaro Doural, presidente de Apaga, “é moi importante a labor de acollida de alumnado e profesorado doutros países que visitan empresas da zona e os rapaces realizan prácticas nesas firmas. A presenza de Apaga en 20 países da Unión Europea (Italia, Portugal, Francia, Turquía, Croacia, Bulgaria, Grecia, Romanía, Lituania, Letonia, Alemaña, República Chega, Dinamarca, Países Bajos, Finlandia, Eslovenia, Polonia, Estonia, Suecia e Eslovaquia) supón un elemento clave para dar a coñecer a nosa comarca e moi especialmente Ribadeo”.

Neste 2022 chegarán a Ribadeo profesores de Croacia e de Turquía. Será nos meses de abril e maio. “As mobilidades de alumnado e profesorado noso serán constantes desde marzo ata a xuño e logo outra vez en setembro e outubro. Os fluxos de mobilidade serán continuos”, segundo Doural.

A Unión Europea concedeulle a Apaga a acreditación Erasmus+ no ámbito da Formación Profesional para o período comprendido entre 2021 e 2027: “esa acreditación permítelle á nosa asociación dispor dos fondos económicos necesarios para realizar as mobilidades de alumnado e profesorado”.

A finais de 2021 rematou o proxecto denominado Calidade, Eficiencia e Cooperación na FP “que permitiu que 40 profesores realizaran mobilidades de formación en Portugal, Turquía, Croacia, Italia, República Checa e Francia e 18 rapaces fixeron prácticas en Italia, Portugal e Croacia”.

Na actualidade Apaga ten activos 4 proxectos europeos: Internacionalización, sostibilidade e motivación para o coñecemento; Acreditación da mobilidade; Inclusión e empregabilidade a través da tecnoloxía do vehículo eléctrico; e Formación de aprendices de calidade, sostible, eficaz e con inclusión social.

Álvaro Doural amósase satisfeito dos resultados acadados con Erasmus+: “hai moito traballo detrás de cada proxecto, pero os resultados son moi bos. En plena pandemia tivemos alumnado en países como Italia e como Portugal, algo que para eles lles supuxo e lles supón un valor engadido á formación que reciben nos centros de ensino, xa que coñecen outras culturas e outras formas de traballar”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here