IniciosociedadeAlumnos de Cervo e Xove fan prácticas no CIXTEC da Coruña relacionadas...

Alumnos de Cervo e Xove fan prácticas no CIXTEC da Coruña relacionadas con polímeros

Nas vindeiras semanas seguirán coa formación e con outras visitas á Universidade e a empresas especializadas.

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 25 alumnos/as e profesores/as dos institutos Marqués de Sargadelos de San Cibrao e Illa de Sarón de Xove desprazáronse a Coruña para participar en varias actividades relacionadas cos polímeros nas instalacións do CIXTEC e da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

O Curso de Polímeros que están a desenvover en colaboración coa Fundación Alcoa e a Universidade de Coruña (Facultade de Ciencias) cunha duración de 300 horas, permitirá aos alumnos/as asistentes ter formación específica no mundo emerxente dos polímeros e as súas posibilidades en industrias como a de fibras textís , de actualidade na Mariña coa posible instalación dunha gran fábrica no noso entorno.

As actividades foron diversas, como prácticas de caracterización de polímeros, resistencia de materiais, así como de temas medioambientais relacionado coa xestión de industrias químicas, sempre desde a perspectiva dos biopolímeros.

Nas vindeiras semanas seguirán coa formación e con outras visitas á Universidade e a empresas especializadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...