Unha avaría no FEVE Ferrol-Oviedo obriga a trasladar os viaxeiros por estrada

Segundo indicou Adif a través do seu perfil de Twitter, a avaría tivo lugar pola mañá deste sábado. Os viaxeiros do tren Oviedo-Ferrol tiveron que continuar a súa viaxe por estradas.

Estación de tren de Ribadeo. AXM

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou este sábado do corte da vía do tren entre Ribadeo e Navia á altura da Veiga (Asturias), debido a unha avaría do tren de media distancia que cubría a liña Oviedo-Ferrol.

Segundo indicou Adif a través do seu perfil de Twitter, a avaría tivo lugar pola mañá deste sábado. Os viaxeiros do tren Oviedo-Ferrol tiveron que continuar a súa viaxe por estradas.

Así mesmo, suspendeuse o tren Ferrol-Oviedo, cuxos viaxeiros tamén fixeron o camiño por estrada ata o seu destino.

1 COMMENT

  1. Unha liña de tren preciosa pola paisaxe que transita e de cercanías para a poboación que conecta leva abandoada dende hai anos sen que ningún goberno (nin Asturias, nin Cantabria, nin Pais Vasco, nin Castela-León, nin Galicia) se poñan a traballar para mellorala ! Esto debe ser parte do eslogan : “non imos deixar a ningués atrás”… ? Salvemos o tren !

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here