Iniciosociedade'Viveiro ante o Berce' ficará exposto desde o venres ata o 13...

‘Viveiro ante o Berce’ ficará exposto desde o venres ata o 13 de xaneiro

O Concello acenderá este mércores o alumeado de Nadal, que xunto ao belén a tamaño real supón "un revulsivo económico e turístico"

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local viveirense inagurará cunha chocolatada este venres, ás 19.00 horas, o belén a tamaño realViveiro ante o Berce‘.

Este nacemento está considerado un dos máis importantes de Galicia pola dimensión das súas pezas, pola extensión do seu conxunto e por instalarse nun enclave histórico-monumental.

O belén poderá visitarse no atrio da Igrexa de Santa María ata o 13 de xaneiro de 2019.

O Concello de Viveiro asegura que “constatamos cada ano o aumento de visitantes, sendo frecuente recibir chamadas de asociacións ou centros educativos, tanto de dentro como de fóra da comunidade para organizar excursións“.

ILUMINACIÓN

O executivo municipal viveirense acenderá o alumeado de Nadal este mércores, coincidindo coa ponte festiva de decembro. 

O goberno local subliña que tanto o belén a tamaño natural como o alumeado de Nadal “son importantes dinamizadores para Viveiro dende un punto de vista económico e turístico“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...