Medio cento de hostaleiros ribadenses pechará máis tarde en decembro

Os locais beneficiaranse da ampliación de horario que Acisa solicitou á Xunta de Galicia, co acordo do concello de Ribadeo

Fernando Suárez e Francisco Iriarte, presidente de Acisa, na firma dun convenio. AXM

Os establecementos hostaleiros pertencentes a Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos (Acisa) de Ribadeo poderán abrir unha hora máis do habitual nas madrugadas da ponte da Constitución e das datas sinaladas de Nadal.

O peche atrasarase tamén nas madrugadas de venres a sábado e de sábado a domingo do mes de decembro. Na noite de fin de ano, a prórroga chegará a tres horas máis do marcado polo tipo de licenza de cada local.

O colectivo empresarial solicitou a ampliación horaria á Xunta de Galicia, co acordo do Concello de Ribadeo. O novo calendario vai máis aló deste mes, e prolonga a apertura dos negocios noutras datas entre xaneiro e agosto do vindeiro ano.

A directiva de Acisa anima aos hosteleiros que non forman parte do colectivo a sumarse para “beneficiarse destas aperturas”. A asociación conta con medio cento de establecementos.

os negocios da avenida de galicia colocarán adornos elaborados pola asociación de axuda ao enfermo mental da mariña

DECORACIÓN DE NADAL

Unha das principais rúas ribadenses, a Avenida de Galicia, xa loce a decoración de Nadal realizada polos usuarios da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña.

Este martes, eles mesmos colocaron nas árbores da vía os 300 adornos que confeccionaron para a ocasión.

Un grupo de comerciantes e hostaleiros da rúa promoven esta iniciativa desde 2015.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here