IniciosociedadeAlejandro Ramos, Cidades Amigas da Infancia: " unha cidade é amiga da...

Alejandro Ramos, Cidades Amigas da Infancia: ” unha cidade é amiga da infancia cando vela polos dereitos dos nenos e nenas e que participen na vida do lugar tendo voz propia”

Alejandro Ramos é pedagogo e dirixe Branque Asociación Cultural. Natural de Burela, reside en Asturias onde leva adiante proxectos pedagóxicos. Desta volta acehgouse á súa vila natal e a Viveiro dentro do programa da UNICEF "Cidades Amigas da Infancia". Este é un programa onde as opinións dos máis novos teñen voz, as súas inquietudes e as súas visións son atendidas e materializadas para que a cidade lles resulte máis acolledora.

Publicada o

- Advertisement -

-Como nace o proxecto Cidades Amigas da Infancia e como é a túa participación dentro del?

Eu son pedagogo e traballei moito no mundo asociativo, mesmo agora participo na miña asociación que Branque Asociación Cultural. Levo dez anos en Asturias, vin estudar aquí e logo quedei por traballo, e os anos antes de montar a asociación traballei noutra inmersa no proxecto aquí en Asturias, onde hai moito asociacionismo e numerosos concellos son xa Cidades Amigas da Infancia. O proxecto está liderado por UNICEF e esta organización establece uns puntos para que unha vila ou cidade poida ser recoñecida como Cidade Amiga da Infancia. Entón, como isto xa se levaba facendo desde hai uns anos en Asturias, pois decidín levalo á Mariña, pois eu son de Burela, e por iso para min era o obxectivo principal.

-En que consiste ser Cidade Amiga da Infancia?

UNICEF recoñece que unha cidade é amiga da infancia cando o mesmo concello vela polos dereitos dos nenos e nenas e que participen activamente na vida do lugar tendo voz propia, que sexan escoitados cando presenten actividades ou ideas para, por exemplo, crear un lugar para socializar. Ademais, contar co seu punto de vista no concello, velar polos seus dereitos e seguridade e facilitar a integridade de todos os nenos e nenas. En definitiva que os nenos e nenas teñan os seus dereitos cumpridos como o acceso á escola ou a xogar. Todo isto debera ser unha liña transversal dentro do concello, é dicir, todos os partidos deben estar de acordo no momento de presentar o proxecto. É dicir, se un partido deixa o goberno local e vén outro, non significa abandonar o coidado dos dereitos da infancia.

-Este tipo de proxectos teñen máis presenza en países cun desenvolvemento socioeconómico máis alto que outros?

Non teño un coñecemento exacto sobre este punto. Si que a participación dos nenos e nenas é máis doada cando tes as oportunidades necesarias para poder facelo, isto é, un neno ou unha nena ten máis necesidades primarias por resolver nalgúns países con menor desenvolvemento que a súa contraparte en países máis desenvolvidos. Aínda así, a participación dos menores en países menos desenvolvidos pode facerse mediante outras vías.

O proxecto busca que os nenos e nenas teñan os seus dereitos cumpridos como o acceso á escola ou a xogar

-Crear unha Cidade Amiga da Infancia que pode aportar a pais e nais, educadores e autoridades municipais?

Búscase que haxa impactos positivos nos ámbitos nomeados. Na escola fomentar a participación, os xogos cooperativos, preguntarlles aos nenos e nenas como ven o sistema educativo, que cambiarían que teñan máis protagonismo nun proxecto na escola e que non sexa presentado polo educador ou educadora, senón que conte coa participación dos nenos e nenas. Unha Cidade Amiga da Infancia fomenta que os nenos estean máis seguros na rúa sen medo a un atropelo, por exemplo. Podería idearse unha zona ou área libre de tránsito onde os pequenos poidan xogar con seguridade. Por poñer un exemplo, se en Burela os nenos e as nenas puidesen ir camiñando á escola sería máis seguro porque todos os nenos e nenas van camiñando. Iso favorece que haxa menos contaminación, que haxa máis inclusión, máis seguridade, máis participación entre eles e ao final son beneficios para todos. Non é só escoitar aos menores senón que a vila sexa amiga e participativa.

UNICEF recoñece que unha cidade é amiga da infancia cando o mesmo concello vela polos dereitos dos nenos e nenas e que participen activamente na vida do lugar

-Cales son os obxectivos deste programa pensando nos nenos e nenas, cales son os valores que se lles quere aprender?

Un dos obxectivos é aprenderen a ter un espírito crítico desde idades temperás. Porque a nosa xeración comeza a ser crítica cando comeza a saír da universidade ou nos independizamos. Por iso, sobre todo en adolescentes, buscamos a súa análise da situación da vila, da situación de igualdade de xénero, de calidade no ensino, ser conscientes do cambio climático e por suposto, seren creativos e creativas. Por exemplo, intercambio gratuito de libros, non todo o mundo pode mercar libros. Favoreces un intercambio gratuíto como se fixo en Viveiro e favoreces a lectura para todos e todas. Ao final é favorecer o desenvolvemento crítico e social das persoas que favorecen á infancia nun grupo de participación.

Unha Cidade Amiga da Infancia fomenta que os nenos estean máis seguros na rúa sen medo a un atropelo, por exemplo

-Cales foron os resultados máis inmediatos que puideches ver despois do teu traballo?

O compromiso dos rapaces e rapazas tanto de Burela coma de Viveiro, porque son os lugares da Mariña onde se actuou este ano. O compromiso de acudiren ás reunións para propoñer iniciativas ou as reunións coas autoridades locais. Todo iso mostra unha intención real de cambiar o protagonismo que ten a xuventude nunha vila. Ese foi o resultado máis inmediato. Logo houbo outras actividades que resultaron moi ben como o “scape-room” en Viveiro ou a busca do tesouro en Burela que tiveron un éxito que incluiu a participación de familias enteiras. Eu destacaría a participación, actitude e compromiso de rapaces e rapazas porque é unha actividade voluntaria, non están obrigados a ir, e aínda así, estás as dúas horas en cada reunión onde mostran ideas, actitude e actividades. Sobre as vilas? Pois actividades que propuxeron, actividades que foron éxito. Burela celebrou o Día da Infancia o 20 de novembro e foi un éxito de participación. Por que teñen éxito estas actividades? Porque son pensadas por nenos e nenas e non por adultos e así a resposta da demais xente nova da vila é positiva.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...