Charla de COGAMI para sensibilizar sobre a discapacidade ao alumnado do centro escolar Landro en Viveiro

Esta campaña sensibiliza sobre as causas e consecuencias dos accidentes medulares para concienciar sobre a importancia de evitar situacións de risco tanto en estradas como en praias e piscinas, principais focos de sinistralidade entre a mocidade.


A Mariña COGAMI impartiu unha charla de sensibilización sobre discapacidade ao alumnado do centro escolar Landro de Viveiro. No encontro participaron 25 escolares de 6º curso de Primaria participaron na xornada de sensibilización que contou cunha charla informativa, a proxección dun vídeo e a experiencia dunha persoa con lesión medular.

A asociación A Mariña COGAMI está a levar a cabo unha campaña de sensibilización e prevención de lesión medular que realizou no colexio CPR Landro de Viveiro, na que participaron un total de 25 alumnas e alumnos de 6º de Primaria.

Esta campaña sensibiliza sobre as causas e consecuencias dos accidentes medulares para concienciar sobre a importancia de evitar situacións de risco tanto en estradas como en praias e piscinas, principais focos de sinistralidade entre a mocidade.

Esta sesión informativa contou coa participación da traballadora social da entidade A Mariña COGAMI, Patricia Vidal, quen estivo acompañada por Alejandro González, un voluntario da asociación que leva moitos anos colaborando neste programa contando a súa historia persoal.

Dende A Mariña COGAMI agradecen a implicación e colaboración da comunidade escolar na difusión desta campaña que intenta crear conciencia entre a xente nova e apostar por unha educación en valores e inclusiva.

Esta é a terceira charla de sensibilización realizada durante este ano na zona da Mariña. As outras dúas anteriores foron en CIFP Porta da Auga de Ribadeo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here