A desertización do rural: 900 explotacións lácteas menos nos últimos dous anos

A Fruga alerta de que a situación é "irreversible" pola caída dos prezos e a falta de relevo

Vacas. AXM

A Federación Rural Galega (Fruga) alerta de que Galicia perdeu 52 explotacións lácteas durante o pasado mes de outubro, que se suman ás 419 que cesaron a actividade entre xaneiro e setembro e ás 424 que desapareceron no 2017.

Segundo informou o coordinador da Fruga en Lugo, Elías Somoza, só aguantan entre as provincias galegas unhas 7.700 granxas.

“Cando o contexto non permite vivir con dignidade, óptase polo abandono”, expón Somoza, que cre que se trata dunha situación “irreversible” por mor da falta de relevo xeracional e escaseza nas marxes económicas. Galicia segue á cola no prezo do leite no conxunto do Estado.

Podes ler a nova completa en Lugo Xornal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here