O alumeado de Nadal e a música de Joni Ramos abrirán un mes de actividades en Burela

A campaña de Nadal comeza o día 7 cun tiovivo, un tren e unha churrería instalados na Praza do Concello

Joni Ramos. AXM

O Concello de Burela e maila asociación de comerciantes Centro Comercial Aberto (CCA) acenderán o vindeiro venres o alumeado de Nadal do municipio nunha xornada que animará cun concerto o vocalista viveirense Joni Ramos

O acto celebrarase ás 21.00 horas na Praza do Concello. Na xornada do día 7 procederase tamén ao acendido da árbore ubicada nese espazo e tamén ao da rúa Eijo Garay, desde a ponte do tren ata o fial da vía.

Ademais, haberá un concerto de panxoliñas e instalarase un tiovivo, un tren e unha churrería na praza do consistorio. 

No resto das rúas da vila o alumeado de Nadal acenderase a partires da vindeira semana.

DÍA DO NENO

Desde o 21 de decembro ata o 7 de xaneiro, Día do Neno, permanecerá aberta a carpa da Praza de Mariña, na que haberá distintas actividades.

O día 22 haberá un desfile de Papá Noel a cargo de Dambara, e o 24, Santa Claus atenderá as peticións dos nenos.

DESCONTOS E VALES DE COMPRA

O 28 de decembro, os comercios de Burela repartirán 1.000 sobres sorpresa entre os clientes, que ofrecerán descontos e vales de compra.

Xa no mes de xaneiro, o día 5 resolverase o sorteo do buzón de desexos solidarios e a cabalgata acabará cunha rosconada

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, asegura que “serán unhas datas moi entretidas e moi boas. A vila vai ser moi dinámica e agardamos que sexan moitas as persoas que se acheguen para desfrutar do noso comercio e de todo o que se ofrece neste concello”, conclúe. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here