IniciosociedadeDetido tras ser sorprendido cando roubaba en Alfoz

Detido tras ser sorprendido cando roubaba en Alfoz

Tamén arrestaron a outro mozo en Ribadeo cunha orde de busca.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Mondoñedo de 48 anos de idade tras roubar nun establecemento no municipio lucense de Alfoz despois de inutilizar as cámaras de seguridade.

Segundo informou o Instituto Armado, este home foi investigado como presunto autor dun delito de danos e outro de roubo con forza nas cousas en grao de tentativa. O presunto autor accedeu ao interior dun establecemento comercial, situado en Alfoz, tras escalar o peche que delimita as instalacións industriais e inutilizar as cámaras de seguridade. No local apropiouse de varias ferramentas, as cales abandonou nas inmediacións despois de ser sorprendido cando saltaba de novo o muro perimetral para abandonar as instalacións.

As dilixencias policiais instruídas en relación con estes feitos foron postas a disposición xudicial.

DETIDOS BUSCADOS

Por outra banda, a Garda Civil arrestou na localidade lucense de Ribadeo a un veciño deste municipio de 22 anos de idade, ao cal lle consta un sinalamento xudicial en vigor de procura, detención e personación dimanante do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...