IniciosociedadeÁlvaro Doural: "A incorporación do vehículo eléctrico necesita de novas técnicas de...

Álvaro Doural: “A incorporación do vehículo eléctrico necesita de novas técnicas de formación”

Álvaro Doural é o directo da Asociación Galega de Profesores de Automoción (APAGA), un grupo de profesionais do ensino técnico especializados en mecánica. Desde 2014 realizan intercambios de profesores e alumnos pola UE mediante o programa Erasmus+, procurando o intercambio de coñecementos de cara a unha formación máis ampla do alumnado. Por outra parte, tamén está o traballo realizando en canto recuperación do patrimonio histórico relacionado coa mecánica e o motor dentro da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

-Por que esta asociación escolleu Ribadeo como lugar para a súa sede?

APAGA naceu a partir dunhas xornadas técnicas celebradas no CIFP Porta da Auga de Ribadeo, aínda que esa actividade xa desapareceu. Logo en 1992, as persoas participantes daquelas xornadas decidiron crear esta asociación que durante moitos anos tivo moi pouca actividade. En 2014 creouse unha nova actividade formativa a finais de agosto que é o Foro de Innovación centradas na formación continua incorporando a técnicos de empresa para dita formación. Ademais, tamén se realizaron accións europeas a través do programa Erasmus+.

-APAGA está realizando un amplo abano de actividades formativas que incluíron hai pouco a hostalaría. Aínda así, cales son as necesidades e retos do sector da mecánica na comarca?

Para empezar, a formación é fundamental. Agora mesmo estamos diante dun cambio moi importante, a incorporación do vehículo eléctrico. Isto trae a necesidade de incorporar novos técnicos para novas tecnoloxías e para todos os cambios xeracionais que se están producindo neste momento, xente que se xubila ou empresas que quedan sen técnicos. Iso ten solución formando técnicos cunha formación de calidade para responder ás necesidades do público.

-Existe vocación ou hai un número suficiente de persoas novas cuns obxectivos profesionais marcados dentro da mecánica actual como para a futura baseada na electricidade?

Creo que é un labor entre entidades formativas e empresa, quen xoga un papel moi importante. Débese ter en conta todas as persoas que buscan formarse e mellorar no seu posto de traballo. Hai que animar a xente nova? Si, creo que é necesario.

En 2014 creouse unha nova actividade formativa a finais de agosto que é o Foro de Innovación centradas na formación continua incorporando a técnicos de empresa para dita formación

-Hai uns meses inaugurouse o Museo do Motor en Mondoñedo. Cales foron os motivos e desexos para abrir este museo?

Este era un traballo que se viña desenvolvendo desde hai cinco anos. Fíxose un estudo do patrimonio que quedaba de José Barro e aínda hai moito por facer e recuperar. O legado de José Barro é impresionante. En Mondoñedo púxose unha pequena mostra do que en realidade se podería poñer, porque o legado é inmenso e sería bo poñelo ao dispor de toda Galicia e de fóra. Todo o traballo que se fixo en Chavín debera coñecelo todo o mundo, porque a empresa de Barro estaba nesa parroquia de Viveiro. A creación deste centro de interpretación creouse para mostrar todo ese legado.

-Mencionou os programas Erasmus+, como entrou APAGA neste circuíto europeo e que conseguiron coa interrelación entre diferentes países?

Isto vense facendo desde 2014 e agora mesmo APAGA é un centro acreditado a nivel europeo para mobilizar alumnos, profesores e técnicos de empresa. Agora mesmo traballamos en dous apartados. Os proxectos de innovación, un deles é sobre vehículos eléctricos e que finalizará no mes de agosto. Logo hai un proxecto de boas prácticas sobre a formación de aprendices que tamén acabará en agosto. Temos tamén dous proxectos de mobilidade executándose neste momento, mais pola pandemia levamos un atraso considerable, pois agora mesmo estamos executando o programa de 2020 á parte de iniciar o do 2021. Agora mesmo estamos colaborando con 22 países da UE tanto con accións de innovación como mobilidade.

Agora mesmo estamos diante dun cambio moi importante, a incorporación do vehículo eléctrico. Isto trae a necesidade de incorporar novos técnicos para novas tecnoloxías

-Que experiencias incorporou APAGA grazas a estas experiencias Erasmus+?

Unha delas é observar a relación empresa-técnicos en diferentes países. As empresas están moi implicadas nos centros. Sobre formación, puidemos ver un gran desenvolvemento dentro da formación de aprendices en países como Alemaña ou Italia. A experiencia de como se traballa, como se organizan os centros e que relación hai coas empresas e accións para recuperar alumnado. Nese sentido hai unha diferenza clara entre países ou áreas máis industrializadas e ás que non. En Brescia, Italia, os datos indican que o 80% das persoas que finalizan a universidade emprenden negocios, mentres aquí é o contrario. Por outra parte, este tipo de intercambios abriunos moitas portas a outras tantas maneiras de traballar e cambios necesarios para introducir. En Ribadeo, por outra parte, recibimos socios europeos como hai uns poucos días, cando tivemos uns profesores chegados de Croacia. Agora estamos preparando para o mes de outubro unhas xornadas do que é a internacionalización de empresas e centros educativos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...