IniciosociedadeA Xunta inviste 93.000 euros na mellora de seis vías do Vicedo

A Xunta inviste 93.000 euros na mellora de seis vías do Vicedo

Os traballos desenvolvéronse na vía a Porto, nas estradas que dan acceso a Amieiro, A Corva e Arealonga, e en dúas rúas do núcleo vicedense

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia rematou as obras de mellora en seis vías do municipio do Vicedo por un investimento total de 93.000 euros.

Os traballos desenvolvéronse na vía do Vicedo Vello a Porto, nas estradas que dan acceso ao núcelo de Amieiro, á praia de Arealonga e ao núcleo da Corva, e nas rúas do Porto e Moledos.

As melloras consistiron nunha nova pavimentación destas estradas, mediante a extensión dunha capa de asfalto en quente que substitúe ao pavimento anterior, que na maior parte dos casos era a base de rego asfáltico.

As obras incluíron, de xeito complementario, a limpeza e apertura de cunetas e adecuación dos pozos de rexistro conforme á nova rasante da calzada.

FINANCIAMENTO DO 100% DAS OBRAS

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde da localidade, Jesús Novo, visitaron os espazos nos que se actuou.

A administración autonómica asumiu o cen por cen do custe destas obras con cargo á orde de mellora de infraestruturas e espazos públicos que convoca a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...