Alerta laranxa na Mariña por temporal costeiro este xoves, con ondas de 5 a 7 metros

No interior da bisbarra activarase o aviso amarelo por refachos de vento de máis de 80 qm/h

Temporal no mar. AXM

A Mariña Lucense estará en alerta de nivel laranxa desde o mediodía deste xoves por temporal costeiro.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia activou o aviso laranxa, que implica que existe un risco meteorolóxico importante con fenómenos non habituales e certo grado de perigo para as actividades usuais, para todo o litoral galego.

A alerta por temporal costeiro activarase na provincia da Coruña na tarde do mércores e A Mariña permanecerá en aviso amarelo desde as 06.00 ata as 12.00 horas do xoves, cando a advertencia cambiará de nivel.

Mapa da alerta, con aviso amarelo por vento e neve na Montaña Lucense e ourensá. AXM

No tocante á ondada, o prognóstico de MeteoGalicia para entón será de ondas de cinco a sete metros.

Ademais, activarase o aviso amarelo en toda a bisbarra por refachos de forte vento superiores aos 80 quilómetros hora, que permanecerá activo ata as 3.00 horas da madrugada do venres.

ACONSELLAN A SUSPENSIÓN DA PESCA

Por mor do temporal, a Xunta aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva nas zonas máis perigosas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here