IniciosociedadeO PP alerta de que chove dentro do miradoiro de Mondoñedo

O PP alerta de que chove dentro do miradoiro de Mondoñedo

Os populares advirten de que se está "a prexudicar" as obras no interior do inmoble rematadas no pasado verán, ás que se destinaron 274.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O grupo provincial do PP de Lugo critica a situación de “abandono” do miradoiroOs Paredones‘ de Mondoñedo, que ten o tellado desprotexido.

Os populares advirten de que a intervención realizada no interior do inmoble pola Deputación de Lugo a través dunha acción formativa á que se destinaron -con fondos autonómicos e provinciais- 274.000 euros, “estase a ver prexudicada porque non hai cuberta e chove dentro”.

A alcaldesa de Mondoñedo e voceira do PP provincial, Elena Candia, expón que “a cuberta está tapada cunhas lonas, o que favorece a entrada da auga e o conseguinte deterioro das obras feitas no interior do recinto”.

Candia denuncia o “desleixo” do goberno provincial, titular do inmoble. A dirixente do PP lucense asegura que a Deputación “está a destinar recursos a actuacións que ou ben non se acometen ou se fan de xeito deficiente”.

300.000 EUROS PARA REHABILITACIÓN

Nos orzamentos provinciais aprobados no pasado mes de novembro, a Deputación incluíu unha partida de 300.000 euros para a rehabilitación do miradoiro mindoniense, unha segunda fase de acondicionamento trala concluída no pasado verán.

O proxecto da Deputación consiste na conversión do inmoble nun albergue, o que choca coa intención da alcaldesa de converter o casco histórico de Mondoñedo en fin de etapa do camiño.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...