InicioOrientalRibadeoRibadeo sancionará a quen leve plásticos ou outro tipo de peches á...

Ribadeo sancionará a quen leve plásticos ou outro tipo de peches á Xira de Santa Cruz

Quere evitar que esta festa se convirta nun "gran vertedoiro".

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo busca valores cívicos na vindeira Xira de Santa Cruz. O vindeiro domingo, 7 de agosto, celébrase esta festa e, co obxectivo de preservala e de manter a súa esencia, o Concello prohibe realizar cerramentos con plásticos ou calquera outro material non acorde con entorno así como dispoñer mobles nesa área recreativa.

Nun Bando o alcalde, Fernando Suárez, amosa a súa preocupación pola falla de civismo detectada nas últimas edicións, porque moitos obxectos quedaron abandonados alí “parecendo aquilo un auténtico vertedoiro”.  Así, explica que “a xira de Santa Cruz trátase dunha Festa de Interese Turístico de Galicia que se leva celebrando dende os anos 40, motivo polo que hai que fomentar a súa preservación e promoción”.

Despois de dous anos complicados por culpa da pandemia ocasionada polo covid-19, o concello agarda que se celebre sen incidentes. “Preocúpanos seriamente a falta de civismo que se ten observando na celebración desta romaría, o que de ningún xeito queremos que acabe coa orixe, propósito e significado desta festa, podendo incluso chegar o momento de que xa non teña razón de ser”, indicou.

O rexedor manifesta no Bando asinado nas últimas horas que “xa é unha práctica habitual que de cara a ese día se dispoñan recintos pechados con plásticos agrícolas na área recreativa, que non fan máis que illar á xente, así como toda clase de mobles como sofás e colchóns, entre outros obxectos non acordes, resultando todo isto unha mala imaxe para a festa, co serio agravante de que practicamente nada se recolle ao finalizar a romaría, parecendo aquilo un auténtico vertedoiro”.

No Bando sublíñase que co fin de evitar a problemática descrita, de cara á Xira de Santa Cruz 2022, prohíbese realizar cerramentos de recintos na área recreativa con plásticos ou calquera outro material non acorde co entorno e dispoñer mobles ou calquera outro material que non vaia co entorno.
Incumprir o anterior considerarase como disposición de residuos nun lugar non autorizado, coa consecuente posibilidade de incoación de expediente sancionador para os responsables.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...