IniciosociedadeA mancomunidade contactará este mes cos beneficiarios do plan de emprego

A mancomunidade contactará este mes cos beneficiarios do plan de emprego

O proxecto formará a cen persoas, das que 35 atoparán traballo durante uns meses

Publicada o

- Advertisement -

A Mancomunidade de Municipios da Mariña iniciou as notificacións para contactar coas persoas interesadas en beneficiarse do plan integral de emprego Avanza, que o colectivo de municipios mariñaos desenvolverá no 2019.

O plan de reinserción laboral, que formará a 100 persoas, permitirá atopar traballo durante tres meses a un mínimo de 35 delas. A mancomunidade solicitou á Xunta de Galicia unha achega de 250.000 euros para esta acción formativa.

Avanza está enfocado a parados de longa duración e que carezan de estudos, así como a persoas en situacións de dificultade, como mulleres que padecesen violencia de xénero.

O presidente da mancomunidade, Alfredo Llano, sinala que os beneficiarios do plan “van ter unha formación específica de moitas especialidades, sempre pensando en como cubrir un currículo ou facer unhas prácticas nunha empresa, e todo aquilo que sexa favorable para, no día de mañá, ocuparse dun traballo digno e permanente”.

Así, Llano prevé que as notificacións para os posibles interesados “irán chegando durante o mes de decembro”. Os potenciais beneficiarios do plan deberán apuntarse nas oficinas de emprego máis cercanas e realizar unha entrevista.

DEZ MUNICIPIOS

Dez municipios (Ribadeo, Barreiros, Foz, Alfoz, O Valadouro, Burela, Viveiro, O Vicedo, Riotorto e A Pontenova) dos 16 da Mariña Lucense participarán da iniciativa, que dous anos atrás formou a un total de 60 persoas.

HOSTALERÍA

A mancomunidade rematou o pasado martes os cursos de hostalería e cociña ofrecidos a través da Axencia de Turismo de Galicia, e impartidos pola Asociación de Cociñeiros da Mariña.

Os obradoiros tiveron como obxectivo “dotar aos establecementos de restauración das ferramentas, métodos e información necesarias para axeitarse ás condicións cambiantes do mercado”.

A mancomunidade informa de que ten previsto convocar novos cursos de hostalería para 2019.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...