IniciosociedadeA Mariña estará en alerta laranxa o sábado por temporal costeiro

A Mariña estará en alerta laranxa o sábado por temporal costeiro

Agárdase mar combinado do noroeste, con ondas de ata seis metros, e refachos de vento de forza 7 e 8

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia activará a alerta laranxa este sábado na bisbarra da Mariña Lucense por un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro.

O aviso laranxa ficará activo desde as 6.00 horas da madrugada na costa noroeste e oeste da provincia da Coruña, e comezará na costa de Lugo sobre as 12.00 horas.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) agarda mar combinado do noroeste, con ondas de cinco a seis metros, con vento do suroeste, de forza 7, con posibilidade localmente de forza 8 nas primeiras horas do día.

Debido ao temporal costeiro, a Xunta recomenda a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva para as zonas máis perigosas.

ATA O DOMINGO

Espérase que este fenómeno remita ao longo das primeiras horas do domingo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...