IniciosociedadeEducación suspende as actividades no exterior por ventos fortes

Educación suspende as actividades no exterior por ventos fortes

A Mariña permanece en alerta laranxa por refachos de vento de ata 120 quilómetros/hora

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia decidiu este martes suspender as actividades no exterior nos centros educativos das zonas do suroeste e oeste da provincia da CoruñaRías Baixas, interior de Pontevedra e A Mariña Lucense por mor da alerta por vento forte.

Segundo explicou a Consellería de Educación, a suspensión obedece a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de vento do sur e suroeste que se prolongará até as 15.00 horas.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) agarda refachos de vento de ata 120 quilómetros/hora na Mariña Lucense.

PESCA

A Vicepresidencia da Xunta aconsellou a suspensión das actividades pesqueiras. Podes ler a nova completa en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...