O lume que calcinou un camión de madeira en Landrove foi intencionado

A investigación constata varios focos diferentes nas rodas e rastros de líquido acelerante

Zona do polígono de Landrove cercana a onde se produciu o incendio. GOOGLE MAPS

A Policía Nacional conclúe que o incendio que calcinou un camión de madeira no polígono industrial de Landrove foi intencionado.

Ademais de constatar a existencia de seis focos diferentes de emisión do lume, todos nas rodas do camión, a investigación documentou rastros de líquidos acelerantes.

Así, fontes da Comisaría de Viveiro confirman a hipótese apuntada desde o inicio como a máis probable, a de que o lume foi provocado.

A investigación continúa. Os axentes estanse a centrar en comprobar as imaxes das cámaras de vixiancia que hai preto do lugar do incendio, así como en consultar a posibles testemuñas.

Está previsto que o propietario do vehículo, J. A. S., da empresa Suolitrans, declare ao longo da xornada do venres.

FOLGA

A partir da información que achegue a testemuña, os axentes comprobarán se o acontecido ten relación co paro de subministración de madeira ás fábricas de Ence en Navia e Pontevedra.

Os transportistas iniciaron na pasada Noiteboa a folga, que desconvocaron na tarde do xoves, horas despois de producirse o incendio.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here