Remolcado ata Burela o Gonruben, con dous tripulantes, tras un fallo mecánico

Os mariñeiros atópanse "ben", segundo confirmaron fontes de Salvamento Marítimo

Embarcación de Salvamento Marítimo. GALICIA CONFIDENCIAL

Unha lancha da flota artesá con base en Burela, o Gonruben, foi remolcada este xoves por Salvamento Marítimo ata o porto burelao tras ter un fallo mecánico.

O pesqueiro quedara á deriva con dous tripulantes a bordo da embarcación. Os dous mariñeiros atópanse en “bo estado de saúde”, segundo fontes de Salvamento Marítimo.

Segundo informaron as mesmas fontes, ás 10.30 horas a ‘Salvamar Alioth‘ indicou ao Centro de Coordinación de Fisterra a solicitude de asistencia.

Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here