InicioSucesosDetido un veciño de Lugo por roubar o bote das propinas dun...

Detido un veciño de Lugo por roubar o bote das propinas dun bar de Ribadeo

O suposto ladrón levou 80 euros e está acusado dun delito de roubo con forza

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un mozo veciño de Lugo por subtraer 80 euros do vaso de propinas dun establecemento hostaleiro na localidade mariñá de Ribadeo.

Segundo informou o Instituto Armado, na madrugada do pasado día 1 de febreiro foi detido un cidadán brasileiro de 18 anos e veciño de Lugo como presunto autor dun delito de roubo con forza nas cousas.

O presunto autor supostamente subtraeu do interior dun establecemento hostaleiro da localidade de Ribadeo 80 euros que se atopaban no interior do vaso de propinas, relataron as mesmas fontes, que concretaron que a persoa detida foi posta a disposición xudicial.

XOVE

Por outra banda, a Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Xove de 41 anos de idade como presunta autora dun delito de furto dun teléfono móbil.

Os feitos delituosos ocorreron o pasado 26 de xaneiro, cando a presunta autora supostamente subtraeu un teléfono móbil na vía pública da localidade de Xove. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...