Detidas en Foz dúas mulleres por “roubos continuados” na Mariña

As detidas, residentes en Lugo, realizaron supostamente varios furtos en supermercados da bisbarra

Vehículo da Garda Civil. AXM

EFE. Dúas mulleres, de 44 e 19 anos de idade, ambas veciñas de Lugo, foron detidas por axentes da Garda Civil na localidade de Foz como supostas autoras de roubos cometidos no interior de varios supermercados da Mariña Lucense.

Os axentes que practicaron as mencionadas detencións por “roubos continuados” en establecementos da costa de Lugo tamén identificaron a un home de 33 años, veciño da capital lucense, que foi imputado por roubo.

CONDUTOR

O investigado era o condutor do turismo no que ambas mulleres, supostamente, ocultaban os bens que sustraían dos supermercados.

Os tres pasaron a disposición do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción de Mondoñedo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here