Catro detidos polo furto de dúas baterías de frío de aluminio e cobre en Fazouro

A Benémerita recuperou o material roubado, valorado en 4.000 euros, e devolveuno a unha empresa do polígono industrial

Vehículo da Garda Civil. AXM

A Garda Civil detivo no municipio de Foz aos catro presuntos autores do furto de dúas baterías de frío de aluminio e cobre valoradas en 4.000 euros.

Segundo informou o Instituto Armado, ás 8.00 horas do pasado día 17 no termo municipal de Foz foron arrestados o catro presuntos autores dun delito de furto.

As persoas detidas serán postas a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro.

EFECTOS RECUPERADOS

O material subtraído pertence a unha empresa situada no polígono industrial de Fazouro. A Benemérita indicou que os efectos recuperados foron postos a disposición dos seus propietarios.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here