Falece un veciño de Burela atropelado na variante

De orixe caboverdiano e 48 anos, foi collido de madrugada á altura do cruce en sentido Barreiros da N-642

Imaxe de arquivo dun accidente. GALICIA CONFIDENCIAL

Un peón faleceu na madrugada do mércores despois de ser atropelado por un turismo na variante de Burela, á altura do punto quilométrico 46,450 da N-642.

O falecido é P. M. A., veciño de Burela e natural de Cabo Verde, de 48 anos de idade. O home non levaba documentación nin tampouco chaleco reflectante no momento do atropelo.

O 112 Galicia recibiu aviso do accidente sobre as 05.15 horas, cando varios usuarios da vía alertaron dun vehículo parado na estrada que une as localidades de Viveiro e Burela, a altura do cruce sentido Barreiros. Indicaban que podería tratarse dun atropelo a un peón.

Os xestores de emerxencias puxeron en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Cervo. Así mesmo, púxose o suceso en coñecemento da Policía Local e Protección Civil da localidade.

O CONDUTOR, ILESO

A pesar dos esforzos dos servizos sanitarios desprazados ata ao punto, só puideron confirmar o falecemento da persoa. O condutor do turismo implicado no atropelo resultou ileso.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here