Detidos dous veciños de Foz por roubar gasóleo e un do Valadouro por furto nun comercio de Barreiros

Supostamente, os arrestados lograron substraer dos depósitos dunha excavadora e unha pala mixta, situadas nunha canteira, uns 100 litros de combustible

Vehículo da Garda Civil. AXM

A Garda Civil detivo en Foz a dous veciños desa mesma localidade da costa lucense como supostos autores dun delito de roubo de combustible en maquinaria pesada.

Os feitos polos que ambos individuos foron arrestados sucederon o pasado 8 de abril nunha canteira dese mesmo municipio.

Supostamente, lograron substraer dos depósitos dunha excavadora e unha pala mixta uns 100 litros de gasóleo, despois de forzar os tapóns do combustible.

Ambos foron postos a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 2 de Viveiro como supostos autores dun delito de roubo con forza nas cousas.

ROUBO E VENTA DE BENS

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Barreiros a un veciño de Ferreira do Valadouro, un mozo de 23 anos de idade, como suposto autor de dous delitos de roubo con forza nas cousas.

Os investigadores da benemérita impútanlle dous roubos perpetrados nun establecemento comercial en Barreiros, así como a venta dos bens substraídos noutro negocio dese mesmo municipio da Mariña Lucense.

O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrucción número 2 de Mondoñedo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here