Detido un veciño de Burela por unha agresión sexual a pasada fin de semana

O suposto agresor, maior de idade e natural de Cabo Verde, foi posto a disposición xudicial

Axente da Garda Civil. GALICIA CONFIDENCIAL

EFE. Un veciño de Burela, maior de idade e natural de Cabo Verde, foi detido na Mariña Lucense como investigado por un suposto delito de agresión sexual, perpetrado supostamente na localidade durante a pasada fin de semana.

Fontes da Garda Civil explicaron a EFE que a investigación púxose en marcha ao activarse o protocolo establecido ante unha suposta agresión sexual cando a suposta vítima acudiu a un centro médico do Servizo Galego de Saúde (Sergas) na comarca.

As pesquisas dos axentes encargados da investigación levaron á identificación e posterior detención, este luns pola mañá, do sospeitoso, un veciño de Burela que xa foi posto a disposición do Xulgado de Instrucción número 1 de Viveiro, segundo os mesmos informadores.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here