EFE. Primitivo Marrube e Celsa Chao, o matrimonio de anciáns da parroquia de Recaré (O Valadouro) que a Garda Civil buscou nas últimas horas, con medios terrestres e un helicóptero, logo de que a parella non regresase ao seu domicilio nin dese sinais de vida desde o pasado domingo, apareceu a primeira hora desta tarde no interior do coche no que viaxaba, que estaba parado nunha rotonda, segundo informaron a Efe fontes oficiais.
Os mesmos informadores indicaron que ambos estaban “desorientados” nunha saída da autovía A-8. As dúas persoas estaban “en bo estado”.
PERCORRERON “CENTOS DE QUILÓMETROS”
A parella, el octoxenario e ela septuaxenaria, marchou o pasado domingo da súa casa nun Citröen C4 de cor gris con intención de ir comer ao restaurante O Valeco, en Mondoñedo, para logo exercer o seu dereito ao voto. Ao parecer, si chegaron ao colexio electoral correspondente, pero só puido votar el, xa que ela non levou o carné. Logo non regresaron á casa e a familia deu aviso da desaparición de madrugada.
Ao parecer, o matrimonio percorrera “centos de quilómetros” -ata Ponferrada– co seu vehículo antes de deterse nunha rotonda de enlace da autovía A-8 en Mondoñedo, onde foron localizados.