Identificadas cinco persoas como supostos autores de estafas en internet de ata 4.000 euros

Os presuntos estafadores solicitaban os datos das contas bancarias para facer transferencias ou non enviaban artigos postos á venta tras recibir a cantidade solicitada

Coche da Policía Nacional. AXM

A Policía Nacional e Xudicial de Viveiro anunciaron que cinco persoas foron identificadas como supostos autores de estafas a través de Internet.

Nun dos casos, a vítima puxo en venta uns abrigos nunha páxina da rede e os presuntos estafadores contactaron con ela mostrando un interese polos efectos.

Daquela socilitaron os datos das súas tarxetas bancarias para facer transferencias cos que, mentres mantiñan a conversación, sustraían ata a suma de 4.000 euros

Noutro suceso, a vítima foi a que observou a través de internet un artigo no que se interesou e contactou co suposto vendedor, ao que lle transferiu a cantidade de 250 euros, non recibindo o artigo e non podendo contactar máis co mesmo. 

RECOMENDACIÓNS

Segundo expón a Policía Nacional, “este tipo de estafas é cada vez máis frecuente“.

Así, os axentes recomendan “extremar as precaucións en todas estas operacións a través de Internet”. 

Fan fincapé en “non facilitar os datos bancarios sen facer as comprobacións pertinentes de que nos atopamos ante páxinas oficiais, ou que temos opción de reter ou recuperar a cantidade achegada en caso de problema”. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here