Unha muller ferida nunha saída de vía na Pontenova

A vítima foi trasladada ao Hospital Nosa Señora dos Ollos Grandes para ser atendida

Ambulancia do 061. AXM

Unha muller resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste martes debido a unha saída de vía no termo municipal da Pontenova.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o sinistro tivo lugar pouco antes das 7,30 horas á altura do cruzamento de Vides, dirección Vegadeo.

Tras recibir o servizo de emerxencias 112 Galicia o aviso deste sinistro, mobilizou ao GES da Pontenova e á Garda Civil de Tráfico.

TRASLADO AO HOSPITAL

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou á muller ferida ao Hospital Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, segundo confirmaron fontes sanitarias.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here