Buscan unha veciña de Ribadeo desaparecida este martes

O rastrexo da muller, morena, duns 40 anos e natural de Vilaselán, iniciouse tras a denuncia da familia, que a botou en falta este mediodía

Faro de Illa Pancha, en Ribadeo. AXM

Efectivos dos corpos de seguridade e emerxencias buscan unha veciña de Vilaselán, en Ribadeo, desaparecida este martes. A familia denunciou a súa falta ante a Garda Civil este mediodía.

A muller ronda os 40 anos, é morena, ten o pelo curto e viste un xersei violeta de flores e un pantalón vaqueiro.

A Garda Civil coordina o dispositivo no que participan Policía Local, Bombeiros de Barreiros e Protección Civil.

ENTRE A LOCALIDADE E AS CATEDRAIS

A agrupación ribadense centra a súa busqueda entre a localidade e a praia das Catedrais, aínda que a búsqueda se extende “a toda a Mariña Lucense“.

O 112 confirmou que tamén están alertados o servizo de Gardacostas de Galicia e Salvamento Marítimo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here