InicioSucesosDous veciños de Ribadeo, detidos por estafa e falsidade documental

Dous veciños de Ribadeo, detidos por estafa e falsidade documental

Os supostos autores, de 30 e 36 anos, retiraron cunha tarxeta de crédito e sen consentimento do titular máis de 2.000 euros dunha conta

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Axentes da Garda Civil detiveron a dous veciños de Ribadeo, ambos de nacionalidade rumana, de 30 e 36 anos de idade, como supostos autores dos delitos de estafa, falsidade documental e apropiación indebida.

Supostamente, ambos detidos retiraron cunha tarxeta de crédito e sen consentimento do titular máis de 2.000 euros dunha conta.

Ademais, de acordo coas investigacións da Garda Civil, falsificaron a sinatura do propietario dun vehículo de alta gama no contrato de compraventa do turismo, para facer a transferencia ao seu favor.

Tamén realizaron “diversos trámites para a obtención dun duplicado da tarxeta da Inspección Técnica de Vehículos, para o que tiveron que falsificar unha declaración xurada.

APROPIACIÓN INDEBIDA

Posteriormente, “apropiáronse do vehículo” cando foi requerida a súa devolución por parte do “lexítimo” propietario.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...