InicioSucesosPiden dous anos de prisión para un veciño de Burela por agresión...

Piden dous anos de prisión para un veciño de Burela por agresión sexual

Segundo o escrito da Fiscalía, o acusado supostamente tentou violar á vítima, que se librou a patadas e conseguiu marchar da vivenda

Publicada o

- Advertisement -

A Fiscalía pide dous anos de prisión para un home residente en Burela por un suposto delito de agresión sexual que aconteceu na localidade burelá en xaneiro de 2016.

Segundo o escrito de acusación, o acusado, S. D. P. L., sen antecedentes penais, convidou a acompañalo á casa á presunta vítima, M. R. F. Daquela, o suposto agresor agarrou á muller, tirouna sobre a cama e comezou a besala na boca.

Malia manifestar M. R. F. a negativa a manter relacións co acusado, este comezou a separarlle as pernas para dobregar a súa resistencia. Finalmente, a suposta vítima acadou librarse do seu agresor a patadas e abandonar a vivenda.

ORDE DE AFASTAMENTO

Segundo o fiscal, o acusado é autor dun delito de agresión sexual, polo que pide unha condena de dous anos de prisión, ademais da prohibición de aproximarse á prexudicada a menos de 200 metros e de comunicarse con ela por un período de tempo de tres anos.

Ademais, solicita unha indemnización para a vítima de 2.500 euros.

EXPULSIÓN DO PAÍS

O Ministerio Fiscal tamén pide a liberdade vixilada do mesmo ao finalizar a súa condena, e a expulsión do acusado do territorio español, “non podendo regresar a España nun prazo de cinco a dez anos, salvo que se acredite no acto da vista oral que non preceda a mencionada expulsión por resultar desproporcionada atendendo ás circustancias personais do acusado, en particular ao seu arraigo en España”. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...