Unha colisión por alcance en Barreiros deixa un ferido

O sinistro produciuse pasados uns minutos das nove da mañá deste martes, en fronte do tanatorio da localidade barreirense

Zona na que se produciu o accidente. GOOGLE MAPS

Unha persoa resultou ferida leve tras unha colisión por alcance na N-634, á altura do municipio de Barreiros.

O sinistro produciuse pasados uns minutos das nove da mañá, en fronte do tanatorio da localidade barreirense. Un particular deu aviso ao 112 Galicia, que mobilizou a persoal de 061 Urxencias Sanitarias, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

SEN FERIDAS DE CONSIDERACIÓN

O mesmo particular avisou de que non había persoas atrapadas en ningún dos vehículos involucrados e que a vítima non parecía ter feridas de consideración.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here