InicioSucesosObreiros dunha empresa de Viveiro tentan quedar con parte de 842 móbiles...

Obreiros dunha empresa de Viveiro tentan quedar con parte de 842 móbiles recibidos por erro

Os traballadores do almacén "decidiron unilateralmente repartirse" unha cantidade das terminais, que tiñan como destino o Reino Unido

Publicada o

- Advertisement -

A Policía Nacional recuperou 842 dispositivos electrónicosteléfonos móbiles e tablets– valorados en máis de 8.000 euros que por erro dunha empresa de transporte acabaron no almacén dun negocio da localidade de Viveiro en lugar do seu destino final no Reino Unido.

A investigación, na que interviu a Policía Xudicial de Viveiro, iniciouse cando a Policía Nacional tivo coñecemento do mencionado extravío. Tras varias xestións, os axentes poideron determinar que o último lugar donde había constancia da mercancía era na empresa da localidade, onde diversos traballadores do seu almacén estaban ao corrente da existencia das terminais.

CONSULTA EN TENDAS DE TELEFONÍA

Lonxe de subsanar o erro, ao comprobar que se trataba de dispositivos electrónicos, os empregados “decidiron unilateralmente repartirse certa cantidade dos mesmos, e incluso levalos a diversas tendas de telefonía para comprobar se eran terminais libres ou se tiñan algún defecto que poidese ser subsanable”.

Segundo os axentes, este feito “constata a clara intención de quedarse con eles definitivamente”.

Unicamente despois de que os axentes policiais se personasen na empresa, asegura a Policía Nacional, os traballadores investigados “trataron de subsanar de forma chapuceira a infracción cometida”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...